ActivityPub

Descrición

Mergúllate no Fediverso con ActivityPub espallando o teu blog por unha audiencia máis ampla! Atrae seguidoras, publica novidades e recibe comentarios na diversa base de usuarias das plataformas compatibles con ActivityPub

Cando o plugin ActivityPub está instalado, o teu blog WordPress funciona como un perfil federado máis, e os perfís de cada autora, tamén. Por exemplo, se a túa web é exemplo.com, entón o perfil do blog atoparase en @exemplo.com@exemplo.com, e os autores como María ou Xosé terán os seus perfís individuais en @maria@exemplo.com e @xose@exemplo.com, respectivamente.

Un exemplo: O meu nome de perfil en Mastodon é @pfefferle@mastodon.social. Ti buscas, atopas o meu perfil e premes “Seguir”. Desde agora, calquera entrada que eu publique aparecerá na portada do teu feed. Do mesmo xeito, podes buscar e seguir o perfil de María en @maria@exemplo.com.

En canto sigas o perfil de María @maria@exemplo.com, todas as entradas que ela publique en exemplo.com aparecerán na portada do teu feed. E se segues o perfil de todo o blog @exemplo.com@exemplo.com, recibirás as novidades que publiquen todas as autoras do blog.

Aviso: Se ninguén segue á autora ou ao perfil do blog, as túas entradas non se verán. Para verificar o funcionamento do plugin, o máis sinxelo é seguir o perfil do blog/autora. Se xa posúes un perfil en Mastodon ou noutra plataforma federada, comeza por seguir este novo perfil.

Testeouse que o plugin funciona coas seguintes plataformas federadas, pero pode haber outras que tamén funcionen: