WordPress.org

Acerca de

Privacidade

Política de privacidade

As webs de WordPress.org (en diante «WordPress.org» neste documento) refírense ás webs aloxadas en WordPress.org, WordPress.net, WordCamp.org, BuddyPress.org, bbPress.org, e outros dominios e subdominios relacionados. Esta política de privacidade describe o modo en que WordPress.org utiliza e protexe a información que nos facilitas. Comprometémonos a garantir a protección da túa privacidade. Se nos proporcionas información persoal a través de WordPress.org, podes estar seguro de que só se utilizará de acordo con esta declaración de privacidade.

Visitantes da web

Ao igual que a maioría de operadores de webs, WordPress.org recompila información de identificación non persoal do tipo que os navegadores e servidores web adoitan pór a disposición, como o tipo de navegador, a preferencia de idioma, o sitio de referencia e a data e hora de cada solicitude de visitante. O propósito de WordPress.org ao recompilar información de identificación non persoal é comprender mellor como utilizan os visitantes de WordPress.org a súa web. De vez en cando, WordPress.org pode publicar información de identificación non persoal de forma agregada, por exemplo, publicando un informe sobre as tendencias de uso da súa web.

WordPress.org tamén recolle información que podería considerarse identificación persoal, como direccións de protocolo de Internet (IP). Porén, WordPress.org non emprega direccións IP para identificar aos seus visitantes e non divulga dita información, salvo nas mesmas circunstancias nas que emprega e divulga a información de identificación persoal, tal como se describe a continuación.

Recompilación de información de identificación persoal

Certos visitantes de WordPress.org optan por interactuar con WordPress.org de forma que requiren WordPress.org para recopilar información de identificación persoal. A cantidade e o tipo de información que recolle WordPress.org depende da natureza da interacción. Por exemplo, solicitamos ós visitantes que utilizan os nosos foros que proporcionen un nome de usuario e un enderezo de correo electrónico.

En cada caso, WordPress.org recompila dita información só na medida necesaria ou apropiada para cumprir o propósito da interacción do visitante con WordPress.org. WordPress.org non revela información de identificación persoal que non sexa a descrita a continuación. E os visitantes sempre poden negarse a proporcionar información de identificación persoal, coa advertencia de que isto pode impedirlles realizar certas actividades relacionadas coa web, como comprar unha entrada para WordCamp.

Toda a información que se recolle en WordPress.org xestionarase de acordo coa lexislación GDPR.

Protección de determinados datos de carácter persoal

WordPress.org só revela información que poida proporcionar datos de carácter persoal a aqueles administradores de proxectos, empregados, contratistas e organizacións afiliadas que (i) necesiten coñecer dita información para procesala en nome de WordPress.org ou para proporcionar servizos dispoñibles a través de WordPress.org, e (ii) que acordaran non revelala a terceiros. Algúns destes empregados, contratistas e organizacións afiliadas poden encontrarse fóra do teu país de orixe; ao utilizar WordPress.org, aceptas que se lles transfira dita información.

WordPress.org non alugará nin venderá información persoal potencialmente identificadora ou información identificadora a ninguén. Agás aos administradores de proxecto, empregados, provedores e organizacións afiliadas, como se describe enriba, WordPress.org só revela información potencialmente identificadora e información identificadora cando así se lle require por lei, se nos diches permiso para que compartamos a túa información ou se WordPress.org cre de boa fe que revelar a información é razoablemente necesario para protexer a propiedade ou dereitos de WordPress.org, terceiros ou o público en xeral.

Some WordPress.org services and workflows use AI tools to assist our team in reviewing submissions, moderating content, or supporting community programs or events. Where AI processing occurs, it is human-supervised and all final decisions are made by a human reviewer. This processing may involve sharing relevant data with third-party AI service providers. Some AI-assisted workflows also use web search tools, which may pass data to a third-party search provider as part of the review.

Se eres un usuario rexistrado dunha web WordPress.org e proporcionaches o teu enderezo de correo electrónico, WordPress.org ocasionalmente pode enviarche un correo para informarte sobre novas características, solicitar a túa opinión, ou simplemente manterte ao día sobre as novidades de WordPress e os nosos produtos. Utilizamos o noso blog como medio principal para comunicar este tipo de información, así que esperamos manter este tipo de correos electrónicos ao mínimo.

Se nos envías unha solicitude (por exemplo a través do correo electrónico de soporte ou por un dos nosos mecanismos de interacción), reservámonos o dereito a publicalo para aclarar ou responder á túa solicitude ou para axudarnos a dar soporte a outros usuarios. WordPress.org toma todas as medidas razoablemente necesarias para evitar o acceso, uso, alteración ou destrución non autorizadas de información potencialmente identificadora e información identificadora.

Uso da información persoal

Non usaremos a información que proporciones cando rexistres unha conta, asistas aos nosos eventos, recibas os boletíns, uses outros servizos ou participes no proxecto de código aberto de WordPress de calquera outra forma.

Non venderemos nin cederemos a túa información persoal a terceiros agás no caso de que teñamos o teu permiso ou a lei nos obrigue a facelo.

Gustaríanos enviarche de vez en cando correos electrónicos con comunicacións de marketing que poden ser do teu interese. Se das o teu consentemento para o marketing, podes retiralo máis adiante.

Tes dereito a impedir en calquera momento que nos comuniquemos contigo con fins de márketing. Se non desexas que contactemos máis con este fin, por favor, fai clic na ligazón da zona inferior do correo electrónico para desuscribirte.

Bases legais para procesar información persoal

Apoiámonos nunha ou máis das seguintes condicións para o procesamento:

  • o noso interese lexítimo en ofrecerche de xeito efectivo información e servizos;
  • Consentimento explícito que deches;
  • obrigacións legais

Acceso ós datos

Tes dereito a solicitar unha copia da información que temos almacenada sobre ti. Se queres unha copia dalgunha ou toda a túa informacón persoal, por favor segue as instrucións ao final desta política.

Todos os datos dos asistentes a unha WordCamp poden ser vistos e editados polo asistente a través do Token URL de acceso que se envía por correo electrónico para confirmar a compra dunha entrada.

As contas de WordPress.org pódense editar seguindo estes pasos:

  1. Visita https://login.wordpress.org/, e introduce o teu nome de usuario e contrasinal.
  2. Serás redirixido a https://profiles.wordpress.org/your_username.
  3. Fai clic na ligazón «Editar» que hai xunto ao teu nome de usuario.